Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
Purchasable with gift card
name your price
about
As carricantas e as formigas
(Anarko-punk de tutta la vita)
Xa desde os tempos de Esopo se coñece esta fábula.
Moita xente simpatiza coa formiga porque traballa sen molestar a ninguén, nin sequera á carricanta. Esta ademais é un chisco inconsciente e dedícase exclusivamente a pasalo ben.
Outra moita defende á carricanta porque aborrece o egoísmo da formiga chegado o inverno e sabe gozar cantando e bailando.
Seica só uns poucos, que por veces son carricantas e por veces formigas comprenderon esta historia. De tódolos xeitos os galegos sempre foron máis formigas porque cando chega o mes de nadal na nosa terriña só medran os nabos.
lyrics
Fartos de escoitar que a loita social é cousa de outros tempos
un fato de cretinos reúnese esta noite na praza do pueblo
parece que concursan pra ver quen é máis parvo e todos levan premio.
Acougade avós xa estamos eiquí
loitando coma vós, dispostos a resistir.
Hai unión!! Todos protestando, viva o botellón.
Si señor!! Sabia solución pro do garrafón.
Hai unión!! Mozos e rebeldes, que revolución.
Si señor!!
Beber sen moita sede, encher todo de merda, facendo moito ruído,
Mexando nos portais, escachando as botellas, molestando ós veciños.
Medio abaneando, cheos de principios, abrindo camiños.
Acougade avós xa estamos eiquí
loitando coma vós, dispostos a resistir.
Hai unión!! Todos protestando, viva o botellón.
Si señor!! Sabia solución pro do garrafón.
Hai unión!! Mozos e rebeldes, que revolución.
Si señor!!
Renunciados ó clasico, bebedes por un plástico.
Non podo acreditar!
Que vulgaridade, que falta de clase.
Onde iremos chegar?
O whisky hai que bebelo en vaso de cu pesado
perfil baixo e cristal.
Hai unión!! Todos protestando, viva o botellón.
Si señor!! Sabia solución pro do garrafón.
Hai unión!! Mozos e rebeldes, que revolución.
Si señor!!
A confident blend of emo, pop, and hardcore from the rising Philadelphia band, featuring introspective lyrics and churning melodies. Bandcamp New & Notable May 25, 2022