We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

kopa​-​turvo deiecsi​ó​n

by Tiro Na Testa

supported by
/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Chourizo, lacón, churrasco, chuletón. Eu quero outro chuletón. Androlla, botelo, touciño, velocidá. Eu quero velocidá.
2.
Estética mediática, es mentir más que hablar rebuscas las palabras y ya no suena tan mal. La perspectiva externa, negocio emocional elocuente y sugestivo tu discurso proverbial. Perviertes el lenguaje y ya no suena tan mal. Mentir eso se llama mentir, las medias verdades son mentiras. Mentir eso se llama mentir, tu retórica de mierda son mentiras. Reajustas presupuestos, cuando haces reducción, optimizas de nuevo, reducciones ya son dos. Desaconsejas algo si lo quieres prohibir, tu bilingüismo armónico lenguas deja morir. Perviertes el lenguaje y ya no suena tan mal. Mentir eso se llama mentir, las medias verdades son mentiras. Mentir eso se llama mentir, tu retórica de mierda son mentiras.
3.
Compartimos xogos, compartimos ilusións, as primeiras borracheiras , os primeiros concertos. Unha mesma idea, os mesmos anceios. SOÑAMOS con poder pelexar nesta loita ata o final. Escoitabamos moito punkrock, con ansia, con raiba, con emoción. Esfumouse a revolución, NADA CAMBIOU. Os mesmos inimigos, as mesmas preocupacións Se botamos a vista atrás houbo momentos que non foron bos. Tocounos ver como a heroína acabou, Con boa parte dunha xeración. Mala ostia e as ganas de loitar NADA CAMBIOU. Basta xa / de recordar non hai dúbida / Todo queda por cambiar Tal vez fora mellor, / esquecerse de lembrar, seguir inchando o peito, / berrar e molestar. Tocounos ver como a apatía amansou A boa parte dunha xeración, mala ostia e as ganas de loitar NADA CAMBIOU. Gardan silencio ás rúas é hora de espertar Os mesmos inimigos, outra vez o mesmo error Pérdese a túa xeración rapaz Polo nariz entra a pasividá. Cada quen busca a súa diversión. NADA CAMBIOU. Basta xa / de recordar non hai dúbida / Todo queda por cambiar Tal vez fora mellor, / esquecerse de lembrar, seguir inchando o peito, / berrar e molestar.
4.
No vento de mazán que se desfraga, reclamo a libertade pró meu pobo. Nos cons e pedregullo solar de Cabo de Home e Punta do Cabalo de Fóra. Neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos. Nos loitadores de xofre e lume acedo, nos difuntos endexamais vencidos. Nos que virán e han de se-lo lóstrego, e son aínda lene bris e voz de melro. Neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos No meniño que dorme, no edredón dos teus ollos,reclamo a libertade pró meu pobo. Nos camiños fechados, lumes azuis e brancos, reclamo a libertade pró meu pobo. Nos cabalos da serra e nos mineiros de Lousame aquil vinte de Santiago. Nos sangues artesáns que teño ardendo (agora mesmo) en cada dedo meu. Neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos No meniño que dorme, no edredón dos teus ollos,reclamo a libertade pró meu pobo. Nos camiños fechados, lumes azuis e brancos, reclamo a libertade pró meu pobo. Nos ríos, nas folgas, nas romaxes, nas protestas nos muros, nos escritos, Nos emigrados, nos perdidos, nos presos, nos explotados.
5.
Tomate, zanoria, uns Chasquis chiflantes. Os Chasquis están chiflantes. O menú vegano de Peret.
6.
Fartos de escoitar que a loita social é cousa de outros tempos un fato de cretinos reúnese esta noite na praza do pueblo parece que concursan pra ver quen é máis parvo e todos levan premio. Acougade avós xa estamos eiquí loitando coma vós, dispostos a resistir. Hai unión!! Todos protestando, viva o botellón. Si señor!! Sabia solución pro do garrafón. Hai unión!! Mozos e rebeldes, que revolución. Si señor!! Beber sen moita sede, encher todo de merda, facendo moito ruído, Mexando nos portais, escachando as botellas, molestando ós veciños. Medio abaneando, cheos de principios, abrindo camiños. Acougade avós xa estamos eiquí loitando coma vós, dispostos a resistir. Hai unión!! Todos protestando, viva o botellón. Si señor!! Sabia solución pro do garrafón. Hai unión!! Mozos e rebeldes, que revolución. Si señor!! Renunciados ó clasico, bebedes por un plástico. Non podo acreditar! Que vulgaridade, que falta de clase. Onde iremos chegar? O whisky hai que bebelo en vaso de cu pesado perfil baixo e cristal. Hai unión!! Todos protestando, viva o botellón. Si señor!! Sabia solución pro do garrafón. Hai unión!! Mozos e rebeldes, que revolución. Si señor!!
7.
Papá PunkRocker se muestra orgulloso de sus cachorros. Él mostró la senda esparce las migas que todos debemos seguir. Mear contra el viento, escupiendo al cielo. Tócame o tarambollo. Todo un maestro su gran legado admiran orgullosos sus fans. Miembro de honor de la vieja guardia, defiende celoso el grial. Hiede tu esencia, aparta que apestas. Tócame o tarambollo. Solo producen risa tus tablas de la ley, a ningún becerro de oro iremos adorar. Nos sentimos vivos al desobedecer, Nadar contra corriente hacer camino al andar. Papá PunkRocker y su gran legado admiran orgullosos sus fans. Él mostró la senda de la vieja guardia. Hiede tu esencia, aparta que apestas. Solo producen risa tus tablas de la ley, a ningún becerro de oro iremos adorar. Nos sentimos vivos al desobedecer, Nadar contra corriente hacer camino al andar.
8.
Na de Vento pro café, cargadas as maletas chegan Murán e Josoleo e collemos carretera. Dúas horas de viaxe, chegamos ó Ferrol vila de loita obreira e santos en procesión. Tras saudalos camaradas, e preparalos trebellos fomos enchelo bandullo pra despois inchalo peito. Unión, acción, autoxestión!! Sempre na cabeza postos a autoxestionar, xestionámola cervexa. Soak comeza a atronar, recoñezo ese coro de Juan (en los baños) Quentando o ambiente ó berrar, contra toda autoridá. Foi divertido facer turismo Ceive, Violento e Furtivo. Polo país largando ruído. Viñeron tres premios Nobel con bandeiras e consignas Uy que trapo tan estraño! Traía a un tipo con perilla. Respírase democracia, tócanos tocar a nós, e xa postos a tocar pois tocámoslle os collós. Oes, hai que ler máis! Medo che teño! Risa me das! Mexei vermello. Foi divertido facer turismo Ceive, Violento e Furtivo. Polo país largando ruído. A festa non pode parar, a ferro e lume no treito final, Skacha comeza a soar, molan mazo os caretos de Max! Foi divertido facer turismo Ceive, Violento e Furtivo. Polo país largando ruído. Ceives e a molestar!! Contra toda autoridá!!
9.
Martillo de herejes, cuna de San Ignacio, aupa Don Pelayo reconquístame el Al-Andalus, Isabel y Fernando, Fernando e Isabel unieron sus coronas para dar caña al infiel. Catetovetónicos. Hablaron con Nebrija, cerebro privilegiado, para hacer del castellano el idioma más sagrado. Expulsaron judíos, que gran razón de estado, fueron pasando los años, otros casi lo lograron. Catetovetónicos. Tarde de toros rebosa la plaza, castizos pasodobles, pura raza. Qué importa la hipoteca, quién tema a la inflación, si hoy juega mi selección. Hubo unos de Austria, también unos franceses esos no pintaron nada, mejor paso a otras memeces. Joseph fue el primero, también era Botella, quiso beberse a su hermano creyéndolo una coñac. Catetovetónicos. Ha llegado el siglo XX?, cuantas cosas han pasado Santiago y cierra España, con Borbón hemos topado. Que importante es la escuela, que bien forja españoles Va a empezar el partido, que la historia me perdone. Catetovetónicos. Tarde de toros rebosa la plaza, castizos pasodobles, pura raza. Qué importa la hipoteca, quién tema a la inflación, si hoy juega mi selección.
10.
Protágoras, Platón, Descartes, Filemón. Mortadelo e Filemón. Pi.
11.
CENTRAMINAS, litronas de Emilio nas piscinas e por cen pesos sete chinas. ASUSTANDO ás vellas ó saír da misa, eramos punkis de provincias. Barón e Eskorbuto no vello muíño e despois voltar cos colegas a un bar. A ESPERTAR axudaron concertos no Val do Fragoso, o afastado Vigo obreiro sentímolo noso. MILI NON, INSUBMISIÓN, os do Grapo á rúa todos berrando e cagándonos no V centenario. A música era a escusa pra colaborar e o do bar pasou a un segundo lugar. Jevis e Punx, de cada casa o máis ruín, peludos moi elegantes da parte de Lalín. RESISTINDO foi pasando o tempo todo esmoreceu, moitos conformáronse a esquerda morreu. O PUNK VOLTOU, ten que haber negocio pra que haxa concertos, cada un ó seu pero está baleiro. É mellor seguir fóra de lugar ca poñerlle o cu á mafia musical. Jevis e Punx, de cada casa o máis ruín, peludos moi elegantes da parte de Lalín.
12.
Fozando en internet un día nos atopamos A un experto en punkrock, nos llamaba aldeanos Derrochando acritud pretendía ofendernos Nos juzgaba sin más, todo sin conocernos. Nunca nos lo planteamos, ser de raza superior, examinados los rasgos no hay discusión. Por fin abrimos los ojos, gracias te damos Señor, cerne de carballo e freixo, más y mejor. Tú viajabas muy cómodo en el interurbano, yo encima de un tractor sentado en el guardabarros. Aprendiste a guiar en los cars en la feira, yo en una Lombardini seiturando la hierba. Cultivaste tu cuerpo con horas de gimnasio, yo arrancando el estiércol y en el porral vesando. Ibas a la piscina al llegar el estío, yo nadaba con gracia en la tosta del río. Somos punkiss de aldea. A comprar los garbanzos ibas al supermarket pero a mi me mandaban a Manolo del Empalme. Siempre llamasteis pan a esa mierda de barras pero a mi en la portiña me dejaban petadas. A comprar cosa fina ibas al Corte Inglés, yo en el coche de línea a la feria el día 3. Aún conservo la duda, siempre me he preguntado a cual de los dos sitios acude más ganado. Nunca nos lo planteamos, ser de raza superior, examinados los rasgos no hay discusión. Por fin abrimos los ojos, gracias te damos Señor, cerne de carballo e freixo, más y mejor. Somos punkiss de aldea.
13.
Apenas me lembro cando empecei a currar Sen pelos nos collós aínda era un rapaz A vida que é moi puta, botouse a min. TIVEN QUE DECIDIR Soñaba cun Opel Manta Turrar das cinchas da manada Hóubenme conformar cun Supercinco COPA TURBO DE OCASIÓN Estou facendo máis de vinte millas o galón Adoro ó que inventou o motor de explosión Vou voando ó ras pola interparroquial SAEN charamiscos do motor!! Coñecín Jennifer, fíxome dubidar Irmos vivir xuntos ou deixalo todo atrás. Ou seguir ferro a fondo abraiado polo ghas TIVEN QUE DECIDIR Pagar rodas, pagar chapista Pagar multas, pago !! pago!! E NON ME VEN A VISTA. Estou facendo máis de vinte millas o galón Adoro ó que inventou o motor de explosión Vou voando ó ras pola interparroquial SAEN charamiscos do motor!! Curvas rectas, rectas curvas imposibles de tomar Vexo vir un valado, creo que me vai dar Tan só queda unha carreira APARTA SAN PEDRO QUE VOU A TODO GHAS! Sempre fixen máis de vinte millas o galón Adoraba ó que inventou o motor de explosión fun voando ó ras pola interparroquial . CATACRACK.
14.
Primeiros anos noventa, iniciativa popular nas rúas de Compostela hoxe toca protestar contra o plan sogama, que facemos co lixo que en Cerceda queren queimar? Vaite embora empacotadora! Unha morea de xente comeza a corear as consignas de sempre, cantar o himno ó final. Innovando sempre o profesor Gutiérrez anímase a crear unha nova arenga carente de sentido que todos han berrar. Vaite embora empacotadora! Canto hai de certo, canto de verdá, na sabiduría popular! O que berra Gutiérrez é o que berra a xente! Cun pouco de inxenio e as verbas axeitadas acabamos de triunfar. Vaite embora empacotadora!
15.
A long time ago! que acudo a varios shows Non pagas nin un copo, farlopo ma non troppo Soy un subnormal!!! O meu estatus de imbécil permíteme alternar Coa flor e nata da escenita musical. Comunícolle ó meu roadie que lle diga ó road manager Que lle transmita ó runner que me traia un bitter kas. Backstage !!! Love !!!
16.
Podo dicir “tío, de puta nai” en quince idiomas, Jey Mans! Jey Guys! avanzo pola escena. Esvaro polo backstage departindo co gremio, coa esperanza que co roce quede algo de xeito. Jey Mans! Jey Guys! Backstage Love!! Percorro os camerinos cos meus reflexos de Yeti, tanto falo de Lorca coma cito a Malcolm X. E fago a miña aposta pola integración global, alleo por suposto ó meu desaxuste neuronal. Jey Mans! Jey Guys! Backstage Love!! Serpenteo cara a barra son un tipo do máis Schweppesss, poño cara de divo pra falar con guys & girls. E que entre bambalinas, acéptame como son, o meu amigo Fredy canta bulerías por Detroit. Jey Mans! Jey Guys! Backstage Love!!
17.
O Burro 00:31
Churchill, Roosevelt, Stalin, Petí Suí. Falta en Yalta Petí Suí. El mundo no sería así, si a Yalta fuese Petí Suí.

about

Contacta por mail (tironatesta[arroba]hotmail.com) se queres o disco en formato físico.

kopa-turvo deiecsion.

Aconteceu non fai moito (máis do que nun primeiro momento se tiña pensado, e moito menos do que algúns desexarían) que catro pícaros de veciñas parroquias coincidiron no lugar da Pedreira para perpetrar este artefacto sonoro.
Pasou o tempo e acordaron irse ás terras baixas a rexistrar tal documento para a posteridade, para levantar acta de tal acontecemento contaron co notario Pancho ("creo que por mi carácter") Suárez De Lis, quen amosou que, ademais de oficio ten paciencia.
Como non querían deixar unha única constancia, botaron man do intrépido reporteiro naturalista Manolo Pedrochez, ó que non lle importaron os riscos con tal de rexistrar co seu obxectivo a estes catro especímenes, pasando así estoutro documento a engrosar a súa procelosa videoteca de vida salvaxe.
Para que esta "artistada" chegase algún día a ser merecedora das mellores paredes dos máis selectos museos, pedíronlle ao gran Misha Bies Golas que fixese gala dunha das artes polas que é coñecido, cortar e pegar (pero con un gusto exquisito).
Sempre intrépidos, e dispostos a innovar, contaron con outras gorxas como a de Esteban Escachita, a de Suso e Juan Soaquetes e a do coruñento Xurxo, un dos Tres Trebonciños, que non fixeron máis que engrandecer tal magna obra. Sen esquecerse do gran experimento con ghaseosa que veu a facer o Ilustrísimo Nacho coa súa guitarra jevi do Barbanza.
Tampouco se esquecerán nunca xamais de Miguel Xanceda de Ith, polo Audio Technica ATM-350 e a parella (matched pair) de AKG C 451 B; nin do Excelentísimo Señor Don Chispón, generalísimo dos pelados (por vontade propia) de Donramiro polo chaston; así como de Rafa, que hai xa máis de dous lustros si foi, pero esta vez non puido ser.
Como non, non poden ser esquecidas tódalas nenas e nenos que contribuíron artisticamente no apartado gráfico desta obra: alumnado de educación infantil do colexio de Guntín (Lugo) e máis Antía, Teba e Hugo.
Case totalmente fóra de programa é xusto lembrarse de María (á nai de Cristo non, á outra que hai), pois grazas a ela os catro dragóns protagonistas deste conto dispoñen dun fermoso castelo onde perpetrar as súas andainas e máis de Murán que nos emprestou a máquina de gravar imaxes e sons.
Se non fora polos mentados isto non sería igual, aínda que ser, sería.
Por último agradecérmonos as risas que nos botamos.
Se alguén quedou esquecido nestas liñas que avise polos cauces habituais, teñan por seguro que no vindeiro sairán.
Grazas, graciñas, grazañas...

Tiro Na Testa son responsables de tódalas repichocas exceptuando o texto de “O lobo que cría que a lúa era un queixo”que é unha adaptación do poema Reclamo a libertade pro meu pobo, extraído do poemario Con pólvora e magnolias de X.L. Méndez Ferrín.

Se nalgún intre e por algunha razón de suficiente relevancia houbera algún interesado en poñerse en contacto con todos ou algún destes elementos, poden escribir ao enderezo electrónico tironatesta@hotmail.com ou poñer unha conferencia a través das liñas telefónicas.

Na Taberna de Vento, parroquia de Botos (lugar do Reguengo) a dous de nadal de dous mil dez despois de Cristo (caendo unha nevada que nin díos).

credits

released January 5, 2011

José: Guitarra e Voces
Costa: Baixo e Voces
Adrián: Guitarra e Coros
Josoleo: Batería

license

tags

about

Tiro Na Testa Lalín, Spain

Fixemos un grupo uns cantos amigos da vila.

Hicimos un grupo unos cuantos amigos del pueblo.

A few friends of our village make a band.

contact / help

Contact Tiro Na Testa

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Tiro Na Testa, you may also like: