We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Vai O Gol (Himno do Atl​é​tico de Gresande)

from Anomal​í​as e excentricidades by Tiro Na Testa

/

about

De todos é coñecido o noso fervor e amor polo balompédico deporte rei, así que cando nos chegou o convite para amenizar por megafonía as intalacións da bombonera de Barcia con un himno ao seu equipo, o Atlético de Gresande, non nos fixemos de rogar e adaptamos esta versión dos Cock Sparrer para tales menesteres. Con ela poideron sustituir o You'll Never Walk Alone, que dende que lle copiara o Liverpool a canción, non estaban moi convencidos co asunto.

lyrics

Domingo á mañá recén levantado a eso das tres da tarde
quita-las legañas, colle-la bufanda hoxe xogha o Ghresande
achegáste ó bar, birra para almozar, nada mellor para a resaca
chegan os demáis listos para arrancar para a bombonera de Barcia

Vai o ghol!
vai o ghol!
atlético de Ghresande!
con valor,
por collós!
aghora vai o ghol!

O xogho comezou temo-lo baló vanzamos pola banda
un purito Reig e licor café, hoxe arden as bancadas,
a pleno pulmón ruxe a afición oeoeoeoeoeoeoeoeo
Liverpool copión Never Walk Alone, Ghresande campión!

Con valor
e ilusión
emoción
vai o ghol!

con fervor
por collós
Ghresande
campión!

aghora vai o ghol!


Vai o ghol!
vai o ghol!
atlético de Ghresande!
con valor,
por collós!
aghora vai o ghol!

credits

from Anomal​í​as e excentricidades, released December 3, 2015

license

tags

about

Tiro Na Testa Lalín, Spain

Fixemos un grupo uns cantos amigos da vila.

Hicimos un grupo unos cuantos amigos del pueblo.

A few friends of our village make a band.

shows

contact / help

Contact Tiro Na Testa

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Tiro Na Testa, you may also like: