We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sorbete de Lim​ó​n - Intermedio

from Ag​ü​é​cate el Pel​í​cano by Tiro Na Testa

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

lyrics

arrexuntémonos todos arredor dunha queimada
cantemos e louvemos ó pobo mai-las suas fazañas
os nosos devanceiros brindan no monte medulio
rociemos ben as gorxas para botar un aturuxo
somos nos, os fillos da terra gostan do augardente,
unto, viño e lacós
ó alvisca-la festa mollade as palletas ben
rincharemos coma bestas ata empina-la caralla
enchemos ben o papo ata ter as caras roxas
botemo-lo conxuro sapos coruxas demos e bruxas
non me fales de guisky gin vodka non son doentes
a nosa dieta e a base de bo viño e augardente
de almorzo ben me papo sopas de cabalo cansado
non me como os cornflakes ou ti pensas que eu son parvo
presta a media mañán un bocadillo de sardiñas
non me des gato por lebre faino co pan do candingas
non me veñas presumindo de caghar anchoas en lata
eu sonche moi carnocho e podo caghalas con caixa
a min dame todo fresco que eu non che como fast food
dame ghrasas na barrigha e dame máis forza no cú
temos moi ben mantidos rapazolos e rapazas
a quen non quere caldo espetámoslle sete tazas
co papo ben enchido cantamos no mundo enteiro
nas feiras e foliadas visitamo-lo pulpeiro
brindamos pola nai patria e tamén polos nosos rios
louvamo-la mamoria de breogán e os irmandiños
lembramos rosalía cabanillas e pondal
honramos a castelao peregrinando a bonaval

credits

from Ag​ü​é​cate el Pel​í​cano, released December 1, 2005

license

tags

about

Tiro Na Testa Lalín, Spain

Fixemos un grupo uns cantos amigos da vila.

Hicimos un grupo unos cuantos amigos del pueblo.

A few friends of our village make a band.

contact / help

Contact Tiro Na Testa

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Tiro Na Testa, you may also like: