We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Pinguinha de Auga, Folerpinha de Neve

from kopa​-​turvo deiecsi​ó​n by Tiro Na Testa

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Pinguiña de auga, folerpiña de neve
(Si è iscritto a Allegretto grazioso)

Érase unha pinguiña de auga que soñaba con chegar a converterse en neve e cubrir de branco o campo. Pero pasaron anos de seca ata que a nosa pinguiña evaporouse e subiu arriba, arriba, cara o ceo. Esperou alí como parte dunha nube ata que fixo frío e buscou un prado verde e bonito para deixarse caer e cubrilo de neve.
Pero tan só era unha folerpiña de neve, e en canto tocou o chan a penas pasaron uns segundos antes de derreterse de novo. Alí tocou agardar de novo ata que se repetiu o proceso, e así fracasando varias veces no intento de cubrir os campos, acabou nunha grande nube rodeada de milleiros de pinguiñas coma ela. Alí estábase bastante incómodo pois había unhas cantas pingas que lle daban ordes a todos, e víanse na obriga de xuntarse moito: As grandes abaixo, as lixeiras arriba!! veña, veña, non hai tempo que perder...
Resumindo, todas aquelas gotas querían ser folerpiñas cubrir os campos, pero tardaron en darse conta de que so sendo milleiros poderían ser unha das mellores nevadas do mundo, e que cando colaboran pode conseguirse o imposible.
As veces a neve, aínda que bonita, é un incomodo.

lyrics

CENTRAMINAS, litronas de Emilio nas piscinas e por cen pesos sete chinas.
ASUSTANDO ás vellas ó saír da misa, eramos punkis de provincias.
Barón e Eskorbuto no vello muíño e despois voltar cos colegas a un bar.

A ESPERTAR axudaron concertos no Val do Fragoso, o afastado Vigo obreiro sentímolo noso.
MILI NON, INSUBMISIÓN, os do Grapo á rúa todos berrando e cagándonos no V centenario.
A música era a escusa pra colaborar e o do bar pasou a un segundo lugar.

Jevis e Punx, de cada casa o máis ruín,
peludos moi elegantes da parte de Lalín.

RESISTINDO foi pasando o tempo todo esmoreceu, moitos conformáronse a esquerda morreu.
O PUNK VOLTOU, ten que haber negocio pra que haxa concertos, cada un ó seu pero está baleiro.
É mellor seguir fóra de lugar ca poñerlle o cu á mafia musical.

Jevis e Punx, de cada casa o máis ruín,
peludos moi elegantes da parte de Lalín.

credits

from kopa​-​turvo deiecsi​ó​n, released January 5, 2011

license

tags

about

Tiro Na Testa Lalín, Spain

Fixemos un grupo uns cantos amigos da vila.

Hicimos un grupo unos cuantos amigos del pueblo.

A few friends of our village make a band.

shows

contact / help

Contact Tiro Na Testa

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Tiro Na Testa, you may also like: