We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O Lobo que Cr​í​a que a L​ú​a era un Queixo

from kopa​-​turvo deiecsi​ó​n by Tiro Na Testa

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

O lobo que cría que a lúa era un queixo (Nel modo di Tojó)

Andaba famento un lobo na procura dunha presa para zampar. Topouse cunha raposa e díxolle:
- Mire usted, señora zorra, que me la voy a comer.
E respondeulle a raposa:
- Pero mire vostede, que estou moi fraca, soamente son ósos e peles.
- No, que usted estaba muy gordita el pasado año.
- O ano pasado si que estaba gordiña, pero agora aleitei aos meus catro raposiños e a penas teño leite para eles.
- No me importa - insistiu o lobo, e íalle dar a primeira trabada cando a raposa lle dixo:
- Detéñase vostede, por Deus, lobo feroz, mire que eu sei dun señor que ten un pozo cheo de queixos.
E marcharon a raposa e mailo lobo na procura dos queixos. Chegaron a unha facenda, saltaron uns balados e achegáronse onda o pozo, e a lúa reflectíase na auga e semellaba un fermoso queixo da nabiza das terras de Melide.
Asomouse o lobo a instancias da raposa, pero sospeitando díxolle á raposa:
- Pues bueno señora zorra, entre usted a por el queso.
E entrou nun dos caldeiros, e dende abaixo berráballe: - ¡Amigo lobo! ¡que grande está este queixo! ¡non podo con el!, axúdeme a subilo.
- No puedo entrar - dixo o lobo.
- Non sexa vostede torpe, métase noutro caldeiro.
Convencido o lobo meteuse, e como pesaba máis ca raposa este baixou e a ela subiu. E alí ficou o lobo na procura do queixo.
A raposa marchou chea de ledicia ver aos seus raposiños.
Algún día o lobo vai comer hostias!

lyrics

No vento de mazán que se desfraga, reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos cons e pedregullo solar de Cabo de Home e Punta do Cabalo de Fóra.
Neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos.
Nos loitadores de xofre e lume acedo, nos difuntos endexamais vencidos.
Nos que virán e han de se-lo lóstrego, e son aínda lene bris e voz de melro.
Neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos

No meniño que dorme, no edredón dos teus ollos,reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos camiños fechados, lumes azuis e brancos, reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos cabalos da serra e nos mineiros de Lousame aquil vinte de Santiago.
Nos sangues artesáns que teño ardendo (agora mesmo) en cada dedo meu.
Neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos

No meniño que dorme, no edredón dos teus ollos,reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos camiños fechados, lumes azuis e brancos, reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos ríos, nas folgas, nas romaxes, nas protestas nos muros, nos escritos,
Nos emigrados, nos perdidos, nos presos, nos explotados.

credits

from kopa​-​turvo deiecsi​ó​n, released January 5, 2011

license

tags

about

Tiro Na Testa Lalín, Spain

Fixemos un grupo uns cantos amigos da vila.

Hicimos un grupo unos cuantos amigos del pueblo.

A few friends of our village make a band.

shows

contact / help

Contact Tiro Na Testa

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Tiro Na Testa, you may also like: