We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Conto de Tinteiro e Pluma

from kopa​-​turvo deiecsi​ó​n by Tiro Na Testa

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Conto, tinteiro e pluma (Larghetto tempo, ma con il latte poveri)

Había unha vez nunha pequena vila un conto baleiro, tiña un precioso aspecto e unha fermosísima decoración, pero tódalas súas follas estaban en branco. Todos o miraban con ilusión, pero ao descubrir que non gardaba historia algunha deixábano en calquera lugar abandonado. Non moi lonxe un bonitísimo tinteiro seguía cheo de tinta dende que quedara esquecido nun recuncho.
Tinteiro e conto lamentaban a súa mala sorte e neso gastaban os seus días.
Quixo o azar que nun deses abandonos tinteiro e conto acabaran xuntos, compartindo as desgracias durante un tempo, ata que tras uns anos de lamentacións, unha pluma que un cisne soltou en pleno voo acabou xunto a eles. Choraron xuntos os tres ata que a pluma cansou de tanto pranto e decidiu cambiar a situación, ao deixar as queixas e secar as bágoas, veu que entre os tres podían facer moito máis que sufrir xuntos.

lyrics

Compartimos xogos, compartimos ilusións,
as primeiras borracheiras , os primeiros concertos.
Unha mesma idea, os mesmos anceios.
SOÑAMOS con poder pelexar nesta loita ata o final.
Escoitabamos moito punkrock,
con ansia, con raiba, con emoción.
Esfumouse a revolución, NADA CAMBIOU.

Os mesmos inimigos, as mesmas preocupacións
Se botamos a vista atrás houbo momentos que non foron bos.
Tocounos ver como a heroína acabou,
Con boa parte dunha xeración.
Mala ostia e as ganas de loitar NADA CAMBIOU.

Basta xa / de recordar
non hai dúbida / Todo queda por cambiar
Tal vez fora mellor, / esquecerse de lembrar,
seguir inchando o peito, / berrar e molestar.

Tocounos ver como a apatía amansou
A boa parte dunha xeración,
mala ostia e as ganas de loitar NADA CAMBIOU.

Gardan silencio ás rúas é hora de espertar
Os mesmos inimigos, outra vez o mesmo error
Pérdese a túa xeración rapaz
Polo nariz entra a pasividá.
Cada quen busca a súa diversión. NADA CAMBIOU.

Basta xa / de recordar
non hai dúbida / Todo queda por cambiar
Tal vez fora mellor, / esquecerse de lembrar,
seguir inchando o peito, / berrar e molestar.

credits

from kopa​-​turvo deiecsi​ó​n, released January 5, 2011

license

tags

about

Tiro Na Testa Lalín, Spain

Fixemos un grupo uns cantos amigos da vila.

Hicimos un grupo unos cuantos amigos del pueblo.

A few friends of our village make a band.

shows

contact / help

Contact Tiro Na Testa

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Tiro Na Testa, you may also like: